sábado, 30 de marzo de 2024

DÍA DA POESÍA

Pode haber algo máis bonito para falar de poesía, que sacar a escena unha poesía escrita para nenos e nenas e recitada polos seus protagonistas? 




Para mostra, unha escolma de "CONTOS DA RATA LUÍSA", de Mon Padín, recitada polo alumnado de 3º de primaria.

Premendo na imaxe, podedes gozar do placer de escoitalos!

martes, 19 de marzo de 2024

DÍA DO CÓMIC

 

Quixemos darlle visibilidade a este día, con este xénero literario que tanto nos gusta e que é o lema das Bibliotecas Escolares para este curso.

Así, o alumnado de 4ª de primaria, estivo traballando a banda deseñada, seguindo as pautas marcadas, probando con distintos estilos e técnicas  de debuxo, e con distintas formas de presentar os diálogos.


Aquí deixamos unha  mostra destes traballos tan artísticos!



















venres, 8 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER


 Conmemoramos este día, co traballo sobre a obra dunha muller, Isabel Blanco.

Un testemuño poético da vida das mulleres que se dedican as faenas do mar na Galicia costeira, que concilian a súa dura vida laboral coa familia e o fogar.

Vaia aquí a nosa homenaxe ao gran papel que desenvolven estas mulleres, nun podcast elaborado polo alumnado de 6º de Primaria, recitando un dos poemas deste fermoso libro, escrito e ilustrado por mulleres,.

Premede na imaxe dos protagonistas para escoitalo.







                  


venres, 23 de febreiro de 2024

DÍA DE ROSALÍA

 

No  día grande da nosa heroína, Rosalía, seguindo coas recomendacións para este ano,  da Asociación escritores e escritoras en lingua galega, a nosa homenaxe  foi o recitado do emblemático poema, Adiós ríos, Adiós fontes.
O alumnado de 3º,4º,5º e 6º de primaria, deleitáronnos coa súa interpretación na radio, que podedes escoitar premendo sobre a fotografía. Desfrutade!
















xoves, 22 de febreiro de 2024

CLUBE DE LECTURA "LUME"

                                      LUME!!!

                                            CLUBE DE LECTURA


Este ano iniciamos a andaina da creación dun clube de lectura na biblioteca.

Estamos súper ilusionados, porque ademais de ser novidade para o centro, gozamos da experiencia de compartir a actividade con alumnado de outro centro, o Ceip Fogar. 

Estamos a traballar o poemario a "Na fogueira dos versos".


As fotografías amosan como desfrutan!











luns, 19 de febreiro de 2024

DÍA MUNDIAL DA RADIO- PODCAST "O XESTAL"


Para conmemorar esta efeméride, o día 13 de febreiro, dicidimos facer unha homenaxe a unha figura emblemática para a nosa bisbarra: Carlos "O Xestal", coñecido por ser un humorista, música e activista galego, cuxa popularidade  púxose de relevo coa  súa narración de  contos e historias con trazas reinvindicativas contra o caciquismo.
Esta figura forma parte do noso patrimonio cultural, e polo tanto , quixemos deixar a nosa pegada contribuíndo a súa difusión  nas novas xeneracións para as que no é tan coñecido.


         O alumnado de 5º e 6º de Primaria, elaborou un podcast sobre a súa        biografía e traxectoria   artística, que remata coa escenificación dun dos seus populares contos. 

 Este audio foi enviado á plataforma "Ponte nas ondas", que este ano pon de manifesto,  o lema da Unesco para este ano : "O patrimonio cultural e inmaterial galego e portugués".

A que apetece escoitalo? Veña, premendo na foto das nosas grandes figuras das ondas hertzianas,  podedes desfrutalo!










venres, 26 de xaneiro de 2024

DÍA DA PAZ

O próximo 30 de xaneiro conmemoramos o "Día da Paz". 

Dende a Biblioteca propoñemos as lecturas que podedes atopar nos expositores dos corredores. 

Esperamos que os desfrutedes.

Paz e amor!