sábado, 25 de novembro de 2017

Todos unidos contra a violencia de xénero


No CEIP A Cristina traballamos: 


- Que a mellor demostración de amor é a liberdade.

- Que queremos un  mundo socialmente igual, humanamente diferente e totalmente libre.

 Ademais, consideramos fundamental educar nestes valores  aos nenos e nenas, tanto na escola como na familia.

Na biblioteca espuxemos esta selección de libros para traballar ditos valores:



A nivel de centro, e partindo da idea do Equipo de Normalización, o noso alumnado elaborou slogans, que posteriormente transformamos en chapas.


TODOS UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

4º E.I.


5º E.I.


6º E.I.


1º E.P.



2º E.P.


3º A -  E.P.


3ºB- E.P.


4º E.P.


5º E.P.



6º E.P.

luns, 13 de novembro de 2017

PROXECTO DE INVESTIGACIÓN



AS MULLERES CONTAN

Este é o título do proxecto escollido polo centro para traballar durante este curso 2017/2018.

Nesta entrada, iremos subindo ao longo do curso enlaces, materiais, traballos realizados... Moitas grazas.

Biografías aportadas voluntariamente polo alumnado de 3ºB, sobre distintas mulleres importantes da historia.

María Barbeito

 María Antonia Dans

Filomena Dato

 María casares


                                                                     Isabel Barbeito



Emilia Calé Torres

Tamén, desde a parte da Educación física, co profe Suso, colaboraron algúns nenos e nenas, investigando mulleres destacadas no mundo do deporte.





Tamén, neste curso, contamos coa colaboración da ANPA "Fonte da Cristina", que aportou e está aportando as seguintes biografías de mulleres, que son  máis cercanas á nosa comarca.

María Varela Bardanca

 

 Guadalupe Blanco Vázquez

Asunción Antelo


As mártires de Sofán


GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN









martes, 24 de outubro de 2017

NOVIDADES



 Formación de usuarios 2017


Como todos os anos, contamos cun equipo novo de RESPONSABLES da biblioteca  que nos axudan durante os recreos a: realizar o préstamo, colocar, ordenar  e controlar que se respecten as normas da biblioteca. Neste curso, este equipo estará formado por:

ASIER, MIGUEL E BRIAN



 CHLOE, SARA E PABLO



ISMAEL, SERGIO E LUCAS



NOA, SARA E JOSÉ MANUEL




MOITAS GRAZAS POLO VOSO TRABALLO!







 Aquí está o equipo nunha das sesións de formación.


Estamos moi satisfeitos/as coa dinamización da biblioteca durante os periodos de lecer, un exemplo é este:


SAMAÍN 2017

A biblioteca propuxo "TRANSFORMAR" ás mulleres traballadas para o noso proxecto de centro "AS MULLERES CONTAN". 

Moitas grazas nenos e nenas por vir a colaborar voluntariamente no recreo!



Fixérono tan ben que...seríades capaces de recoñecer algunha muller das transformadas en terroríficas?




xoves, 5 de outubro de 2017

Mochilas viaxeiras 2017

       Este curso 2017/2018 continuamos co funcionamento da mochila viaxeira para todos os niveis do noso centro, xa que tivo unha gran aceptación da maioría das familias e do alumnado.
 A temática escollida para traballar, en todo o centro, ao longo do ano será:

“As mulleres contan”

    Por suposto, é unha actividade en familia para desfrutar cos vosos fillos e fillas, tamén para comentar dúbidas e reflexionar, non facer unha simple lectura.

Estes son os contidos das mochilas viaxeiras para este curso 2017/2018:

4º EDUCACIÓN INFANTIL



5º EDUCACIÓN INFANTIL



6º EDUCACIÓN INFANTIL



1º EDUCACIÓN PRIMARIA

          “Acuario”. María Canosa e Dani Padrón. Embora.

        “Frida Kahlo. El dolor convertido en arte”. Susaeta.

         “Frozen”. DVD


2º EDUCACIÓN PRIMARIA

“Parece unha rosa”. Rosalía de Castro. Espiral


-         “Descubriendo el mundo mágico de Frida”. Ed. Océano Travesía.

-         “Los increíbles”. DVD.


3ºA EDUCACIÓN PRIMARIA

-         Cando  a terra esqueceu xirar”. Fina Casalderrey.

-         “Hilda y el perro negro”.  Luke Pearson. Barbara Fiore Editora.

-         “Maruja Mallo”. Elvira Ribeira. Urco Editora.

-         “Brave”. DVD.



3ºB EDUCACIÓN PRIMARIA

-          “Un misterio na mochila de Alba”. Fina Casalderrey.

-         “Hilda y el trol”.  Luke Pearson. Barbara Fiore Editora

-         “Coco Chanel”. Ana Albero. Pequeña y Grande.

-         “Brave”. DVD.



4º EDUCACIÓN PRIMARIA

-         “El baño de Cleopatra”. Ana Alonso. Anaya.

-          “Ellas hicieron historia: Mujeres admirables”. Anaya

-         HOME”. DVD.



5º EDUCACIÓN PRIMARIA

-         “A cazadora de estrelas”. María Canosa. Xerais.

-       “Frida Kahlo”. Pequeña y Grande. Alba editores.

-        “Enredados”. DVD.



6º EDUCACIÓN PRIMARIA

-         “Smara”. Paula Carballeira. Kalandraka.

 “16 mujeres muy muy importantes”. Bruño.

-         “Whale Rider”.   DVD.


Espero que a desfrutedes moitísimo!
Un saúdo!

venres, 29 de setembro de 2017

Benvid@s a un novo curso bibliotecario!!!


Benvid@s a un novo curso bibliotecario!!!


Este ano as bibliotecas escolares están adicadas a:

"Aprender a pensar"

Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións.

 Aprender a pensar co cine e coa música. 

Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. 

Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo. 




O proxecto de investigación que nos vai a levar a pensar moito este curso é:

"AS MULLERES CONTAN"

COMEZAMOS!!

domingo, 11 de xuño de 2017

LER é unha opción divertida para o verán!


BOAS VACACIÓNS!

Outro ano máis, Nuno marcha de viaxe no verán. 

Terá tempo para ir á praia, descansar, bañarse, ir ao parque, xogar cos amigos,  estar coa familia e TAMÉN TERÁ TEMPO PARA  LER... en definitiva, pasalo moi ben!

Recoméndavos estas lecturas tan marabillosas!

Esperamos que vos gusten!


Deixámosvos un corto fantástico de fomento da lectura!



Vémonos en Setembro!!

martes, 30 de maio de 2017

EmocionArte por Carballo!

O alumnado de Educación Primaria asistiu na biblioteca a unha charla informativa sobre a Arte e as Emocións, dentro do noso proxecto "EmocionArte na Cristina".
Que mellor forma de poder traballalo que observando murais do seu propio entorno e  que coñecen perfectamente.

Pero...coñeceranos tanto como pensan?

Para isto, O Ceip A Cristina convidou a  varios artistas  destes cadros, como por exemplo:

- MON LENDOIRO.

- CRISTINA CASTRO.

-  SANTI PICOS.

Gracias tamén á colaboración do "Museo de Bergantiños" e á concellaría de Turismo de Carballo.


Aproveitando o entusiasmo dos nenos e nenas houbo unha boa ronda de  preguntas.


Para completar esta actividade  e ver "en vivo e en directo" este proceso, a semana que vén realizaremos un roteiro con todo o alumnado polas rúas de Carballo.



O xoves día 1  e venres 2 xuño realizamos o roteiro:
 "EmocionArte por Carballo".


























Un saúdo.