mércores, 24 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO (IV)

Continuamos coas conmemoracións da Semana do Libro con esta actividade tan vistosa, na que os nenos e nenas tiñan que elexir o seu libro favorito, ilustralo para facer a portada e escribir a primeira folla.

A verdade é que son tan artistas que quedaron estas preciosidades!




martes, 23 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO (III): ACOMPAÑAMENTO LECTOR

 


Que ledicia poder compartir momentos de lecer cos libros! 

Nesta ocasión tivemos o acompañamento lector do alumnado 

de 6º de  Primaria coas monadas de tres aniños!













SEMANA DO LIBRO (II): TEATRO NO CONCELLO

 
 O alumnado de 1º e 3º de primaria,  asistiu a unha representación 

teatral organizada polo Concello de Carballo por mor da:

 Semana do Libro

Mirade que atentos e expectantes!




Incluso tivemos participación no escenario!!










SEMANA DO LIBRO (I): ENCONTROS CON BIBLIOTECAS



Na nosa inquedanza por interactuar con outras bibliotecas, participamos un ano máis na Semana do Libro que organiza o Concello. Así, o nosos traballos de centro, relacionados coa MAXIA, asunto do que trata este ano o Salón do Libro,  amósanse xunto con outros dos colexios do concello.

Esta mostra intercentros podemos desfrutala toda esta semana.

Aquí deixamos a nosa achega. Seguro que vos gusta!


A seguinte menina, é un traballo relacionado coa maxia e co noso proxecto de cerntro: "Emocion-arte", porque cando o corazón e o cerebro están conectados  Arquímedes pode falar de amor. Mirade na saia da menina, as emocións  que pode transmitirnos a arte da pintura, e que relatos tan máxicos podemos descubrir!






sábado, 30 de marzo de 2024

CONCURSO DE PODCAST RADIO NA BIBLIO


Pode haber algo máis bonito para falar de poesía, que sacar a escena unha poesía escrita para nenos e nenas e recitada polos seus protagonistas? 




Para mostra, unha escolma de "CONTOS DA RATA LUÍSA", de Mon Padín, recitada polo alumnado de 3º de primaria.

Premendo na imaxe, podedes gozar do placer de escoitalos!


Ademais, presentamos este traballo ao CONCURSO DE PODCAST DE BIBLIOTECAS ESCOLARES . Seguro que lles gusta!









martes, 19 de marzo de 2024

DÍA DO CÓMIC

 

Quixemos darlle visibilidade a este día, con este xénero literario que tanto nos gusta e que é o lema das Bibliotecas Escolares para este curso.

Así, o alumnado de 4ª de primaria, estivo traballando a banda deseñada, seguindo as pautas marcadas, probando con distintos estilos e técnicas  de debuxo, e con distintas formas de presentar os diálogos.


Aquí deixamos unha  mostra destes traballos tan artísticos!



















venres, 8 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER


 Conmemoramos este día, co traballo sobre a obra dunha muller, Isabel Blanco.

Un testemuño poético da vida das mulleres que se dedican as faenas do mar na Galicia costeira, que concilian a súa dura vida laboral coa familia e o fogar.

Vaia aquí a nosa homenaxe ao gran papel que desenvolven estas mulleres, nun podcast elaborado polo alumnado de 6º de Primaria, recitando un dos poemas deste fermoso libro, escrito e ilustrado por mulleres,.

Premede na imaxe dos protagonistas para escoitalo.